24 Jul Industria asina convenios con dez concellos para a implantación de wimax nos polígonos industriais
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou os convenios de colaboración cos gobernos locais de dez concellos do país para o despregamento de redes de telecomunicacións sen fíos de acceso á internet de banda larga en polígonos industriais ou parques empresariais, no marco do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).