02 Jun O PSOE pide unha parada de taxi no Polígono de A Granxa
O grupo municipal socialista de Porriño solicitará ó goberno local que inicie os contactos coa Asociación de Taxistas do Porriño para crear novas paradas de taxi que den máis servizo e para desbloquear a negociación da Ordenanza de Taxis que permita ós taxistas poder instalar os taxímetros nos vehículos. O voceiro municipal socialista Iván Vaqueiro pediu ó goberno que "se poña as pilas nos temas de mellora da mobilidade no Concello". O voceiro socialista anunciou que o seu grupo pedirá no vindeiro pleno tres novas paradas de taxis en Porriño: unha na parroquia de Torneiros, outra diante do Centro de Servicios do Polígono de A Granxa e outra a carón do Centro de Saude de Porriño, situacións que os socialistas consideran estratéxicas para os veciños e veciñas que necesitan ese servizo".