13 Feb María José Caride reuniuse en Porriño con axentes económicos da comarca
A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Maria José Caride, acompañada polos cantidatos socialistas Luis Gómez Piña e Enrique Cabaleiro, así como polo secretario xeral do PSdeG-PSOE de Porriño e membro da comisión executiva nacional galega, Iván Vaqueiro, mantiveron un almorzo de traballo en Porriño cunha nutrida representación de axentes económicos da comarca, na que se abordaron diversos temas de grande interese para o futuro desenvolvemento da zona sur de Pontevedra. Asociacións de Empresarios de Mos e Porriño, Cámara de Tuy, sindicatos, comerciantes e representantes de centro tecnolóxicos da zona non quixeron perder a oportunidade de escoitar o programa do PSOE e as propostas da número dous do partido en Pontevedra. Tras facer un balance da situación actual da economía galega, o emprego, e as liñas que o anterior executivo promoveu e quere seguir impulsando sobre formación e promoción económica, entrou en materia de infraestructuras e transportes, da que ten máis que demostrado que é boa coñecedora.