08 Sep Conde apunta que o financiamento é unha garantía de futuro para a actividade empresarial e para xerar masa industrial en Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala que a Xunta ten que ser, xunto co sector financeiro, un punto de apoio que axude ás empresas a innovar, a avanzar cara a Industria 4.0 e a exportar a novos mercados