27 Ago Innovación e Industria financia a formación en novas tecnoloxías da información e da comunicación nos parques empresariais
O conselleiro de Innovación e Industria asinará un convenio de colaboración co presidente da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) para a posta en marcha dun plan de formación en novas tecnoloxías dirixidos ás empresas do país, no marco do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) e do Plano Avanza. O departamento de Fernando Blanco achegará o 100% do orzamento preciso para o desenvolvemento destas actuacións, un total de 509.362 euros.