Xornada Polígonos

A Xunta apela á colaboración entre empresas e administracións para modernizar os polígonos industriais e mellorar a súa competitividade

O director xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Bruno Fernández, avogou hoxe por seguir modernizando os polígonos industriais para responder ás necesidades actuais das empresas.

Fernández participou en Santiago na inauguración do ciclo de xornadas Polígonos Galicia. Programa de xestión, administración e gobernanza de áreas empresariais onde defendeu a colaboración entre as empresas, as entidades xestoras as administracións para que os parques ofrezan as mellores condicións posibles para atraer proxectos e xerar emprego.

Nesta liña, sinalou que un parque empresarial “non remata cando se ocupan as súas parcelas. Aí empeza outra tarefa: conseguir que funcione ben, que evolucione e que siga respondendo ás necesidades das súas empresas”, dixo. Neste sentido, indicou que unha política de solo empresarial non debe mirar solo ao desenvolvemento de novos espazos, senón que tamén debe prestar atención ao funcionamento dos que xa están en marcha e ás súas necesidades para seguir sendo útiles e competitivos.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026

Fuente: Xunta de Galicia

Xornada Polígonos