O alcalde de Santiago acompañado polo director de Competitividade do Igape e o secretario xeral de Fegape entrega a seis empresas galegas certificados de I+D+i

 

 

O proxecto é froito da colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Federación Galega de Parques Empresariais

 O alcalde compostelán, Ángel Currás, entregou os certificados de calidade da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), nun acto ao que tamén asistiu, ademáis do secretario xeral da mesma,  o director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo e a concelleira de Turismo, Comercio e Emprego, Reyes Leis. Seis empresas recibiron estas credenciais, que recoñecen o seu labor en investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación: Ednon, Primux, Elinco Construcciones Eléctricas, Sivsa Sistemas Informáticos, Castelo e Euroespe. A pertenza á FEGAPE fai posible que as empresas poidan beneficiarse de proxectos de desenvolvemento de negocio asumindo menores custos.

 

http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=10461