«Galicia Por Diante» da Radio Galega entrevista ó secretario xeral de Fegape

              O audio da entrevista íntegra emitida está dispoñible en crtvg.es

 

 O secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais -Fegape- expresa na Radio Galega o seu optimismo de cara á mellora da economía. Nunha entrevista en «Os Almorzos de Galicia por diante», David Sobral destaca o crecemento dos parques empresariais malia a conxuntura, aínda que insta ás pequenas e medianas empresas a se converteren en grandes. Segundo Sobral,

«o que necesitamos é que máis «peme» dean o paso para ser grande empresa». Isto, dixo, «favorecerá o emprego e a contratación indefinida».

Para acadar ese salto, o responsable da Fegape aposta pola internacionalización e por aproveitar a lingua galega como instrumento ao asegurar que

«sen dúbida temos unha vantaxe que non teñen outras comunidades e outros países europeos, que é a proximidade do idioma».

E citou ó Brasil, Angola, Mozambique, Macau e Goa como mercados interesantes para colocar produtos no exterior. 

Así mesmo, expresou o seu optimismo de cara ao futuro do naval cos posibles acordos con Pemex ao asegurar que

«é moi esperanzador e ilusionante o que se ten feito con Pemex» e engadiu que «dende a Federación Galega confiamos en que sexa unha realidade a finais de 2013».  

 

http://www.crtvg.es/rg/destacados/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-25-10-2013-686908