“FEGAPE EMPREGA” impulsará a contratación de desempregados na cidade de Pontevedra

 

O programa “FEGAPE EMPREGA” permitirá impulsar a formación e inserción de case 80 mozos e mozas de Pontevedra a través de un conxunto de accións formativas, de prospección e de inserción nas empresas de Pontevedra e comarca.

As accións formativas do programa “FEGAPE EMPREGA” da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) daban hoxe comezo nas súas oficinas da rúa Arquitecto de la Sota en Pontevedra, para impulsar a contratación de mozos/as desempregados de menos de 30 anos  da cidade de Pontevedra.

“FEGAPE EMPREGA” é un programa financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), vai dirixido a 80 mozos/as desempregados de menos de 30 anos  e residentes en Pontevedra, e ten como obxectivo formar a estes mozos e mozas en capacidades demandadas polas empresas da zona a través de varios itinerarios formativos para poder capacitalos da mellor maneira e acadar a súa inserción laboral.

A Coordinadora do programa, Verónica Tourón, recibiu aos alumnos participantes no programa que hoxe daba comezo, impartindo os dous primeiros módulos formativos de “Habilidades e técnicas para a procura de emprego” e “Novas Tecnoloxías para a procura de emprego”.

O programa continuiará nos vindeiros meses coa impartición dos itinerarios formativos de “Produción”, “Xestión de Almacén” e “Mixto-Comercial”, co obxectivo de insertar alomenos ao 40% por cento dos participantes.

Colaboración das empresas

A Coordinadora do programa, Verónica Tourón, solicitou hoxe a colaboración das empresas de Pontevedra e da Comarca para solicitar traballadores/as dos que se están a formar neste programa.

“Estamos á disposición das empresas para axudalas a cubrir as súas demandas de emprego con persoal capacitado e preparado para poder iniciar a súa andaina profesional nelas. Para elo as empresas só é preciso poñerse en contacto con FEGAPE no teléfono 656538533 ou a través do correo electrónico Info@fegape.org”.