05 Ago O conselleiro de Cultura e Educación e representantes do sector empresarial afondan no Plan de Dinamización da Lingua Galega no ámbito socioeconómico

Román Rodríguez reuniuse coa Federación Galega de Parques Empresariais na Asociación da Área Empresarial do Tambre para avanzar en propostas e posibles actuacións a desenvolver a prol da visibilidade e da valorización do uso do idioma propio de Galicia nas relacións empresariais e comerciais