A patroal galega está rexida por unha xestora dende a dimisión en outubro de Antonio Dieter Moure
A Confederación de Empresarios de Galicia elixirá o seu novo presidente o próximo 27 de xaneiro.
A patroal galega está rexida por unha xestora dende a dimisión en outubro de Antonio Dieter Moure. Nas últimas horas, o voceiro en funcións, Antonio Fontela, decidiu convocar unhas eleccións para intentar resolver a crise interna que vive a entidade, agravada por problemas financeiros.