Os candidatos socialistas ó Congreso, Antón Louro (número uno) e Luis Gómez Piña (número catro) e o candidato socialista ó Senado por Pontevedra, o porriñés Iván Vaqueiro, mantiveron esta mañá un desayuno de traballo con representantes do mundo económico-social da área de Porriño-Vigo, para facer balance da xestión da lexislatura de Jose Luis Rodríguez Zapatero e para presentar as liñas de actuación do PSOE na próxima lexislatura no goberno se así o deciden os cidadáns a partir do vindeiro 9 de Marzo. A reunión, segundo un comunicado enviado polo partido, serviu tamén para recoller ideas e propostas da comunidade empresarial.
Antón Louro garantizou que o PSOE seguirá a apoiar ós sectores máis dinámicos da economía e lembrou que con Zapatero no goberno de España, multiplicárouse por tres a inversión en I+D+I e que Galicia multilicou case por tres a inversión do estado na comunidade en 4 anos, pasando dos 660 millóns de euros de media dos gobernos do PP, ós 2060 millóns que estan presupuestados para o 2008 nos Orzamentos do Estado en Galicia (o 8% da inversión estatal).
“Gracias ó goberno de Zapatero –afirmou Louro- e á labor dos diputados e senadores socialistas galegos durante estes últimos catro anos, Galicia acadou o maior esforzo inversor da historia democrática de España en Galicia. Eso é comprometerse con Galicia. Mentres, Mariano Rajoy e o PP votaban en contra de todo”.
Durante a reunión, os colectivos empresariais coñeceron as inversións previstas polo Goberno de España para o 2008 no relativo ó AVE, as novas autovías metropolitanas, a ampliación do Aeroporto de Peinador e do Porto de Vigo. “Cando chegamos ó goberno fai catro anos –afirmou Louro- todos estes proxectos non existían nin no papel e algúns nin como idea. Hoxe están todos informados, en exposición pública ou xa licitados. Cumplimos o prometido e inda fixemos máis”.
Á reunión asistiron importantes representantes da comunidade empresarial da zona, entre os que se atopan Santiago Gómara, presidente da Asocación de Empresarios de Porriño e presidente da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), Fernando Vázquez, presidente do Centro Tecnológico AIMEN, Jorge Massó, gerente de Porriñesa de Canteras S.A. (POCASA), Indalecio Cuevas, presidente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono de A Granxa, Luis Moreno, xerente do Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG), David Sobral Pidre, secretario xeral da FEGAPE, e Juana Pérez Rodríguez, presidenta da Asociación de Comerciantes de Porriño (ACIPOR) e do Centro Comercial Abierto de Porriño (MOREA).