A Consellería de Innovación e Industria asinará un convenio de colaboración co concello de Porriño para mellorar o enlace sur de acceso ao Polígono Industrial das Gándaras. O custe total desta actuación, que ascende a 103.156 euros, cubre o 75 por cento do custe total do proxecto. A intervención neste vial corrixirá o deterioro actual do seu firme para o tráfico rodado que accede tanto ao polígono, no que se localiza o Parque Comercal de Bombeiros e 91 empresas, coma ao núcleo rural do barrio de Orbenlle (parroquia de Budiño) e á zona lesta do Espazo Natural das Gándaras. Ademais, o proxecto de ampliación permitirá acondicionar o vial para o tránsito dos peóns en condicións de seguridade, cuestión importante dado que por el discorre o Camiño de Santiago na súa variante portuguesa. A Consellería de Innovación e Industria repartirá os seus investimentos en dous exercicios entre o 2008 e o 2009, achegando unha subvención anual de 51.578 euros.

conselleriaiei.org/ga/upload/dx/not/1461-a-np_ampliacion_enlace_sur_poligono_das_gandaras_10_09_08.pdf

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2024 - Aviso legal
rss