Cando alcanza o seu ecuador, o programa integrado de emprego posto en marcha en Vigo pola Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) e financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten conseguido xa máis dun 65% de insercións laborais.

O equipo técnico do programa integrado de emprego (PIE) considera que a cifra de inserción laboral se incrementará de aquí á finalización do mesmo.

Este programa integrado ten como obxectivo conseguir a mellora da empregabilidade e a inserción laboral de persoas desempregadas menores de 30 anos e con baixa cualificación. Contempla tres itinerarios de formación e inserción: certificado de profesionalidade de técnicas administrativas, almacén/loxística e produción.

Para acadar estes obxectivos de inserción, Fegape asinou diferentes convenios con empresas de automoción, mantemento, loxística, infraestruturas e alimentación, as cales fixeron posibles que, na data actual máis de 50 persoas demandantes de emprego conseguisen un contrato laboral. Estas insercións laborais producíronse despois de impartir formación adaptada a estes sectores e a realización de prácticas nas empresas en moitos dos casos.

A Federación Galega de Parques Empresariais, desenvolveu xa na convocatoria pasada un programa integrado de emprego na cidade de Pontevedra, cun balance de máis do 50% de insercións, e prevén que este ano se incremente considerablemente esta cifra, grazas ao dinamismo do actual PIE.

http://www.economiaengalicia.com/articulo/empleo/programa-integrado-emprego-fegape-vigo-logra-insercions-laborais/20180703101153007598.html

 

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss