O titular da Xunta mantivo unha reunión co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antón Arias

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu a colaboración da Xunta, como ten feito ata agora, para que a Confederación de Empresarios de Galicia siga, desde a unidade e a suma de esforzos e desde unha única voz, dando resposta aos retos aos que se enfrontan as empresas galegas.

 

Así mesmo, o titular da Xunta avaliou esta tarde co presidente da CEG, Antón Díaz-Eimil, a mellora da economía galega reflectida no crecemento do PIB e do emprego e na redución do déficit.

 

Durante a xuntanza, Feijóo destacou que os datos publicados a semana pasada ratifican o fortalecemento da economía galega, así como a xestión rigorosa do Goberno autonómico. Non en van, o PIB da comunidade creceu en 2016 un 3,4%, dúas décimas por riba da media de España (un 3,2%) e en converxencia con Europa –que medrou un 1,9%-; e Galicia está un ano máis entre as autonomías que cumpre os obxectivos de déficit (0,7%), consolidándose entre os territorios con menos débeda de España.

 

A espera de coñecer os últimos datos do paro, o responsable do Goberno galego lembrou que a Comunidade recuperou, desde xaneiro de 2014, 52.000 empregos e segue con menos parados, máis afiliacións e máis contratacións.

 

Ao longo da reunión, Feijóo trasladou ao presidente da CEG a necesidade de avanzar na consecución de novos proxectos que sitúen aos asociados desta entidade nos verdadeiros protagonistas das súas iniciativas, como camiño único para contar cun tecido empresarial máis competitivo. 

 

www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/19900/feijoo-ofrece-colaboracion-xunta-para-que-ceg-siga-desde-unidade-suma-esforzos

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss