As garderías serán xestionadas polas asociacións empresariais que opten á liña de axudas aberta pola Xunta de Galicia

Ata sete parques industriais galegos poderán contar cunha escola infantil o vindeiro curso para os fillos e fillas dos seus empregados. As garderías serán xestionadas polas asociacións empresariais que opten á liña de axudas aberta pola Xunta de Galicia. Polo de agora, a consellería de Política Social está a avaliar cinco proxectos.

Unha demanda histórica. Así cualifican as asociacións de empresarios a próxima construción de garderías nos parques industriais galegos. A Xunta de Galicia destinará máis de 2.300.000 euros este ano e o que vén para financiar ata 7 escolas de 0 a 3 anos en contornas empresariais que suporían 500 novas prazas. Arestora, os técnicos da consellería de Política Social estudan a viabilidade de 5 proxetos. 

A Federación galega de parques empresariais representa unha trintena de sociedades de todos os sectores produtivos que dan traballo directo a 50.000 persoas en todo o país.

http://www.crtvg.es/informativos/axudas-para-construir-escolas-infantis-nos-parques-empresariais-2486860 

Federación Galega de Parques Empresariais Centro de Servicios de A Granxa, 1º, oficina 3. 36400 PORRIÑO (Pontevedra) Teléfono: 986 33 92 48. Fax: 986 33 46 89 E-mail: info@fegape.org
Copyright © 2010 - Aviso legal
rss